Biblioteca municipal Victoriano García Martí
O seu principal obxectivo é favorece-lo hábito da lectura, así como dar resposta ás necesidades de formación, información, ocio e cultura de toda a veciñanza. Actualmente conta cunha colección de máis de 30 000 libros, varias subscricións a revistas e prensa, unha importante colección de DVD e CD e máis de 1 000 títulos de cómic. Dende principios de 2018 pasou a xestiona-los seus fondos co programa KOHA e a integrarse no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Cómpre indicar que se dispón, no andar superior, dunha aula de estudo que pode ser utilizada dentro do horario da biblioteca.