Centro de Atención Integral á Discapacidade (CAD)

Trátase dun servizo comarcal onde se atenden persoas usuarias, con problemas no seu desenvolvemento ou cun risco de padecelos, dos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro e Ribeira. O obxectivo xeral é normaliza-la vida do/a neno/a dende o seu nacemento, tratando de mante-la persoa no seu medio familiar e favorece-la integración escolar e social. Na vida adulta ofrécese información, formación, orientación profesional, práctica laboral e apoio ás familias, persoas usuarias e empresas; constitúe o fin último a inserción na vida laboral. Así mesmo, dispón de tres servizos ben diferenciados: Servizo de Atención Temperá, Servizo de Integración Sociocomunitaria e o centro ocupacional.

Rúa Castelao nº 1
981107415