Centro de recollida de animais abandonados
O centro de recollida de animais abandonados, situado no polígono industrial da Tomada, foi creado en 2018 para lles dar refuxio ás mascotas desamparadas e proceder a darlles unha mellor vida mediante a adopción ou a acollida. Coa finalidade de mellora-los servizos e dar resposta á cantidade de animais abandonados, en 2020 executouse unha primeira ampliación e unha segunda en 2021. Deste xeito, o refuxio conta actualmente cunha oficina, baño, espazo para animais que chegaron recentemente, área de corentena, patio exterior e dez canís.