Centro sociocultural da Granxa – Santa Cruz
O centro sociocultural da Granxa sitúase no lugar do mesmo nome, na parroquia de Santa Cruz de Lesón. O edificio é unha antiga escola-vivenda unitaria construída nos anos sesenta, anexa á E.E.I. da Granxa. Neste centro sociocultural desenvolve os seus ensaios e reunións a Asociación Cultural e Deportiva Xiada, a Comunidade de Montes de Santa Cruz e tamén está á disposición da veciñanza para realizar diferentes tipos de actividades. Na mesma parcela hai un parque infantil e unha pista deportiva. Existe un proxecto de ampliación do centro sociocultural que foi aprobado polo Pleno do Concello, polo cal se agarda que nun futuro próximo se desenvolva e así poder satisface-la veciñanza.