
Centro sociocultural do Camiño Ancho
O centro sociocultural do Camiño Ancho encóntrase no lugar do mesmo nome, na parroquia do Caramiñal. O edificio é unha antiga escola-vivenda unitaria construída nos anos sesenta que consta dunha única construción con dous andares. Nestes momentos non hai actividade lectiva nin cultural nela e está pechada para o público, por estar pendente da execución dun proxecto de rehabilitación aprobado polo Pleno do Concello. Na mesma parcela atópase un parque infantil cuberto e con boa accesibilidade. Trátase do primeiro parque cuberto do concello no ámbito rural.