Centro sociocultural do Campo da Angustia

O centro sociocultural do Campo da Angustia sitúase no lugar do mesmo nome, pertencente á parroquia de Santo Isidro. O edificio é unha antiga escola-vivenda unitaria construída nos anos sesenta e rehabilitada no ano 2019. Consta dun único edificio con dous andares e con accesibilidade, pois conta cun elevador. Nestes momentos hai actividade lectiva no baixo, xa que nel se encontra a E.E.I. do Campo-A Angustia e, no primeiro andar, é o centro sociocultural aberto á veciñanza para realizar diferentes tipos de actividades. Neste centro sociocultural desenvolve algunhas das súas actividades a ANPA de Bandaseca e reunións a Asociación Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe. Na mesma parcela hai un parque infantil con boa accesibilidade, un parque con aparellos ximnásticos á disposición de toda a veciñanza e unhas pistas de deporte.

L/ Angustia-Campo nº 28
981843280