Centro sociocultural do Vilariño – O Xobre
O centro sociocultural do Vilariño sitúase no lugar do mesmo nome, na parroquia do Xobre. O edificio é unha antiga escola-vivenda unitaria construída nos anos sesenta e rehabilitada no ano 2019. Consta dunha única construción, con dous andares e con boa accesibilidade, xa que conta cun elevador. Nestes momentos hai actividade lectiva no baixo, xa que aí se encontra a E.E.I. do Vilariño e, no primeiro andar, ensaia unha agrupación local ocasionalmente, desenvólvense actividades da ANPA Bandaseca e está aberto á veciñanza para realizar diferentes tipos de actividades. Na mesma parcela existe un parque infantil cunha grande accesibilidade.