
Local de ensaio
Edificio situado no lugar do Camiño Ancho, en fronte do centro sociocomunitario e do parque infantil, destinado ós ensaios dos grupos musicais da localidade, para contribuír así a afianza-la cultura musical, o desenvolvemento de accións de índole creativa e un espazo de encontro entre os colectivos deste ámbito. O local estrutúrase en dúas salas independentes insonorizadas, unha estancia para a gravación de maquetas, un vestíbulo, un despacho auxiliar e un aseo. Ademais, está equipado con varios instrumentos musicais e mobiliario. No exterior dispón dunha pequena zona axardinada.