Museo Valle-Inclán

Inaugurado en maio de 1986, trátase do Museo Valle-Inclán decano do país, unhas das primeiras casas museo creadas en territorio galego. Ten a súa sede na Torre de Bermúdez, alfaia civil do século XVI, declarada “monumento histórico-artístico de carácter nacional” e “ben de interese cultural” (BIC). A súa colección divulga o xenio e figura de Ramón del Valle-Inclán, escritor de prestixio nas letras mundiais, mestre do Modernismo, creador do esperpento e renovador do teatro. Exhibe primeiras edicións dos seus libros, manuscritos, fotografías, mobiliario e obxectos persoais, obras das belas artes, vestiario, escenografías e cartelaría teatral etcétera.

Rúa Castelao nº 38
981831662