Policía local

Estre as funcións que ten asignadas este corpo atópanse a ordenación e regulación do tráfico, os labores de vixilancia ou de custodia, a colaboración con outras forzas de seguridade cando resulte necesario, a prestación de auxilio en caso de accidentes ou calamidades, as dilixencias de prevención para evita-la comisión de actos delituosos, o mantemento da orde e cooperar na resolución dos conflitos privados cando así sexan requiridos. É dicir, o seu principal labor é velar pola seguridade e protección da veciñanza. As dependencias sitúanse na parte traseira da casa consistorial.

Rúa San Roque nº 10
607467374