Punto limpo

O punto limpo situado no polígono industrial da Tomada está destinado á xestión de residuos xerados por particulares. Trátase dun servizo de balde onde depositar por parte da veciñanza aqueles refugallos que non se poden desbotar nos colectores habituais que están á disposición na vía pública. Admítense aqueles clasificados como non perigosos, perigosos e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). A recollida selectiva refórzase cun punto limpo móbil que vai rotando por diferentes espazos do termo municipal e con dous minipuntos limpos urbanos.

Avda. da Curota nº 16
981871808