
Servizo de Orientación Laboral
O Servizo de Orientación Laboral está encamiñado á mellora das competencias para a busca de emprego, o fomento da empregabilidade e o incremento da taxa de inserción laboral das persoas participantes neste servizo. Diríxese a tódalas persoas inscritas como demandantes de emprego ou como demandantes de mellora de emprego na oficina de emprego correspondente. Entre as principais actuacións figuran a diagnose individualizada e a elaboración do perfil ocupacional, o deseño do itinerario personalizado para o emprego ou a intermediación laboral. Trátase dunha acción cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta.