Xulgado de paz

Situado na planta baixa da casa consistorial, trátase dun órgano unipersoal que asume competencias de menor transcendencia tanto na orde civil coma na penal. Algunhas das súas funcións son a expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción; a tramitación de expedientes de matrimonio e celebración de vodas; ou a inscrición de enlaces civís ou relixiosos, de nacemento e de defunción. Ofrece tamén un servizo relevante en materia de cooperación xudicial por facilita-la comunicación dos demais órganos xudiciais coa cidadanía pobrense.

Rúa Gasset nº 30
981830125