Últimas Novas

Posta en valor dos madeirames da Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán

Posta en valor dos madeirames da Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán

Despois dunha época estival marcada pola acusada afluencia de visitantes de procedencia nacional, o Museo Valle-Inclán afronta unhas tarefas de mantemento necesarias ante a inminencia do outono e inverno.

A Torre de Bermúdez, declarada “monumento histórico-artístico de carácter nacional” polo Decreto 249/1976 e posteriormente Ben de Interese Cultural (BIC), precisaba a posta en valor dos seus madeirames exteriores -portas e fiestras-, así como do mobiliario funcional empregado para a atención ao público -consignas e móbeis de oficina-. Os ditos traballos estenderanse ao longo desta mesma semana.

Por outra banda, tamén se efectuou a realización de peañas para esculturas que alberga o Museo.