Últimas Novas

Presentación de “Loanzas sentidas e outros poemas” (Xoán Xosé Fernández Abella)

Presentación de “Loanzas sentidas e outros poemas” (Xoán Xosé Fernández Abella)

0 comments

No próximo venres 25 de xaneiro, ás 20:30 h, no auditorio do  Museo  Valle-Inclán, será a presentación do libro Loanzas sentidas e outros poemas, de Xoán Xosé Fernández Abella.

 

O autor recitará versos do libro acompañado de Pilar Sampedro e da música de Miro Casabella e Manoele de Felisa.

 

Xoán Xosé Fernández Abella, recoñecido poeta galego, nado en Monforte de Lemos, crítico dende as premisas do cristianismo, presentará o libro máis extenso do xénero da poesía galega dende o século XIII.

 

Celso Emilio Ferreiro definiu un dos seus libros como a mellor musa satírica da Galiza no século XX.

 

No libro de poemas que presentará, prologado polo escritor e académico Xesús Alonso Montero,  non escasean as páxinas de denuncia contra as persoas poderosas inxustas e maila sátira contra as falcatruadas das xentes  gobernantes e gobernadas. Pero tamén predominan os poemas de loa ás xentes xustas, que exercen a súa xustiza nun mundo e nun tempo onde quen impón a súa lei son as inxustas.

 

Nesta ladaíña de eloxios hai nomes moi coñecidos e recoñecidos de escritoras e escritores, escultores, pintores, debuxantes, cantores, músicos, persoas loitadoras, pedagogas, mártires, heroes, deportistas e amizades, como poden ser Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Nelson Mandela, Isaac Díaz Pardo, Xosé Neira Vilas, Victoriano García Martí, Siro López, Iker Casillas, Messi, Xavi….

Ademais, versos de loanzas dedicadas á lingua galega.

Intervirán: Xoán Xosé Fernández Abella, autor do libro; Genoveva Hermo Santos, concelleira da Cultura e da Educación da Pobra do Caramiñal; Pilar Sampedro, dinamizadora cultural; e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán.

A entrada será libre ata completa-la cabida.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.