Últimas Novas

Presentación do programa <i>Espazos das Familias</i>

Presentación do programa Espazos das Familias

Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal ofrece ás familias con crianzas menores de 3 anos o programa Espazos das Familias. Trátanse de encontros cuxa finalidade radica en que os proxenitores conten cun lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a experiencia da crianza, ao tempo que se facilitan actividades adecuadas a cada rango de idade dos cativos e cativas.

Para debullar máis polo miúdo en que consiste o dito programa, ás 11.30 horas do martes 20 terá lugar a presentación do mesmo na aula de estudo situada no terceiro andar do edificio do Instituto Social da Mariña (ISM). Ademais, ao finalizar transcorrerá unha actividade de animación con música, teatro e danza, organizada en colaboración coa biblioteca municipal.

As persoas interesadas e que cumpran co requisito de ter fillos ou fillas menores de 3 anos deberán formaliza-la súa inscrición a través do teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 3, ou presencialmente nas oficinas dos Servizos Sociais, concretamente no Servizo de Educación Familiar, dentro do edificio do CAD.