Últimas Novas

Primeira edición do curso de primeiros auxilios

Primeira edición do curso de primeiros auxilios

Na xornada deste 30 de abril impartiuse na aula multiúsos da Casa da Mocidade a primeira edición dun curso de primeiros auxilios, organizado pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Ata alí desprazáronse a edil Amparo Cerecedo (BNG) e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, para recibi-las persoas asistentes no inicio das clases.