Últimas Novas

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS presenta CARPE DIEM

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS presenta CARPE DIEM

0 comments

Domingo 31 de marzo ás 20.00 h no teatro Elma

A compañía  Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu décimo quinto aniversario representando un conto de Rubem Fonseca en que o adulterio e o crime son os protagonistas.

Unha montaxe que, segundo destaca o seu director, Quico Cadaval, é tamén  «unha homenaxe ó cinema», que estará moi presente tamén no espectáculo, xa que nel se mesturan teatro, música en directo, proxeccións de filmes e narración oral.

O espectáculo, protagonizado por María Costas, Marcos Viéitez e Vítor Mosqueira, conta ademais coa música en directo de Mon Orencio, Mr. Cool, que poñerá ritmos de samba e bossa nova coa súa guitarra e trompeta.

Entrada de balde

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.