Últimas Novas

VISITA CANCELADA: programa “A Pobra natural”: visita guiada gratuíta pola serra do Barbanza domingo 15 de marzo. Aberto o prazo de inscricións

VISITA CANCELADA: programa “A Pobra natural”: visita guiada gratuíta pola serra do Barbanza domingo 15 de marzo. Aberto o prazo de inscricións

            O CONCELLO DA POBRA INFORMA A VECIÑANZA DE QUE SE CANCELA ESTE ACTO, SEN NOVA DATA DE CONVOCATORIA POLO MOMENTO (por precaución ante a pandemia do coronavirus).

            Os ecosistemas das zonas de montaña son espazos naturais pouco coñecidos e valorados. As zonas con lagoas, prados de montañas, matogueiras e zonas con bosque teñen presenza nas áreas de montaña. Son de grande importancia tamén esas áreas pastoreadas por gando cabalar e vacún, que controlan a cobertura vexetal do terreo. O concello da Pobra do Caramiñal ten o gran privilexio de contar con ecosistemas asociados á montaña na serra do Barbanza, onde poder apreciar todos estes valores naturais.

E por isto que se pensou en facer, dentro do programa “A Pobra natural” das actividades ambientais do Concello, unha visita guiada no domingo 15 de marzo de 2020, co biólogo Miguel Conde Teira, para dar a coñece-lo valor da serra do Barbanza.

A actividade está destinada ó público maior de 12 anos  (menores, sempre na compaña de persoas adultas).