Últimas Novas

PROGRAMA DAS III XORNADAS MICOLÓXICAS DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

PROGRAMA DAS III XORNADAS MICOLÓXICAS DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Este ano amplíase a oferta de actividades E TODAS ELAS SERÁN DE BALDE.

Haberá 2 charlas:

a) unha introdutoria, no mércores 13 de novembro de 2019;

b) outra máis específica sobre as cantareláceas, no venres 15 de novembro. Nesta última o relator será Jaime B. Blanco Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois, de Pontevedra, que tamén nos acompañará na saída ó campo de domingo 17 de novembro.

As charlas serán no auditorio do Museo Valle-Inclán, ás 20:30.

O concurso fotográfico de micoloxía desta edición aumenta o valor dos seus premios, e mudan algunhas das súas condicións. Este ano necesítase a INSCRICIÓN PREVIA, QUE REMATA XOVES 31 DE OUTUBRO DE 2019 ÁS 12:00.  Podedes ve-las BASES COMPLETAS en www.apobra.gal, no Facebook do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, ou preguntar en medioambiente@apobra.gal.

Como novidade, vanse face-los obradoiros seguintes:

Xoves 14 de novembro, ás 20:30 h:

“Cultivo do xénero Pleurotus”. Impartido por Ventos-Estudos Ambientais. As persoas participantes elaborarán sacos de cultivo de Pleurotus ostreatus, que despois poderán levar para as súas casas. Cada participante recibirá un tríptico coa información básica para o mantemento do saco de cultivo.

Sábado 16 de novembro, ás 11:00 h:

“Conservación e propiedades dos cogomelos”. Impartido por Arenaria Coordinación. Tratarase de aprendermos diferentes métodos de conservación, ademais de comparármo-las propiedades nutritivas dos cogomelos con outros alimentos.

Estes dous obradoiros SON DE BALDE, PERO TEÑEN LÍMITE DE PRAZAS (máximo 25 persoas). Realizaranse na aula de estudo (enriba da biblioteca municipal).

 

III Xornadas Micolóxicas do Concello da Pobra do Caramiñal (prazo de inscrición no concurso fotográfico ata 31 de outubro de 2019 ás 12 h)

(Pódense descarga-las bases íntegras do concurso aquí abaixo tamén en PDF.)

BASES_concurso_fotografía_A Pobra_2019