Últimas Novas

Prorrógase o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá do CAD

Prorrógase o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá do CAD

No 24 de febreiro acordouse a prórroga do Convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de atención temperá entre os Concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro, o cal fora asinado no 3 de outubro de 2017. Agora a súa vixencia esténdese ata o día 2 de outubro de 2025.

Así mesmo, acordouse a solicitude da subvención ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo P. O. FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, publicada no DOG núm. 16 do día 26 de xaneiro de 2021. Deste xeito, desígnase o Concello da Pobra do Caramiñal para a xestión e xustificación da achega segundo o previsto na cláusula relativa ás condicións da prestación-xestión compartida.

Cómpre lembrar que o Servizo de Atención Temperá do Centro de Atención Integral á Discapacidade, situado no municipio pobrense, asiste a veciñanza dos tres referidos concellos. A finais de 2020 a dirección do CAD e a Concellaría dos Servizos Sociais reforzaron o servizo coa contratación dunha nova logopedista. A dita profesional incorporouse ao cadro de persoal composto por outras dúas logopedistas, unha pedagoga (con funcións de coordinación do servizo), unha psicóloga e unha animadora sociocultural.