Últimas Novas

Publicada a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas da Pobra beneficiarias do PEL-Reactiva

Publicada a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas da Pobra beneficiarias do PEL-Reactiva

No acto no que se deu a coñecer a resolución provisional das axudas do PEL-Reactiva

No acto no que se deu a coñecer a resolución provisional das axudas do PEL-Reactiva

O Concello da Pobra do Caramiñal publica hoxe, martes 2, no taboleiro e na sede electrónica a listaxe definitiva de persoas autónomas e empresas que se beneficiarán no municipio das axudas do PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña e ó cal se atopa adscrita a Administración local. Tras finaliza-lo prazo de alegacións, no total, serán 125 as persoas autónomas e empresas que recibirán estas achegas, as cales dispoñen ata 31 de marzo para achega-la documentación xustificativa. O importe total ascende a 240 500 euros, con 126 129’36 euros procedentes da institución provincial e 114 370’64 euros do Concello.

Esta medida focalizada no eido económico laboral está dirixida, por orde preferente, a tres tipos de empresas: no grupo 1 enmárcanse aquelas que pecharon durante o confinamento de forma obrigatoria seguindo o Real decreto 463/2020 (con 109 beneficiarias e unha contía de 207 500 euros); ó grupo 2 adscríbense aquelas cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75% (con 5 concesións por unha contía de 7 500 euros); e no grupo 3 atópanse as sometidas a ERTE (con 11 receptoras por un orzamento de 25 500 euros).

A contía vai dende os 1500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal se compón de entre 6 e 9. Ademais, o período subvencionable abarca dende 1 de marzo ata 31 de decembro de 2020.

As ditas subvencións xustifícanse coa compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza; arrendamentos e canons; reparación e conservación; primas e seguros; e subministracións.

As solicitudes presentadas foron puntuadas seguindo as bases reguladoras de acordo cuns criterios de valoración nos cales figuran o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres contratadas, o número de persoas discapacitadas contratadas, o número de menores de 30 anos contratados/as e o emprego da lingua galega.