Últimas Novas

Que contedores da roupa seguen a funcionar durante o estado de alarma na Pobra do Caramiñal?

Que contedores da roupa seguen a funcionar durante o estado de alarma na Pobra do Caramiñal?

            O servizo de recollida da roupa usada no noso concello está repartido entre tres entidades: Texlimca, con contedores situados no centro urbano (azuis), Humana (contedores verdes) e Cáritas (contedores vermellos), que os sitúan na periferia do centro urbano e na zona rural.

Durante o estado de alarma, e ata un novo aviso, os contedores de Humana (verdes) estarán fóra de servizo.

Os contedores de Cáritas (vermellos) e Texlimca (azuis) seguen funcionando.

Polo tanto se algún veciño ou veciña desexa depositar roupa usada debe empregar algún dos contedores que seguen en servizo.