Últimas Novas

QUICO CADAVAL “FANTASMAS FAMILIARES”

QUICO CADAVAL “FANTASMAS FAMILIARES”

Domingo 8 de abril, ás 20.00 h, no Teatro Elma

Entrada de balde ata encher aforo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal

Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circustancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público. O espectáculo criase a partir de historias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as historias da sua terra natal para comprobar se son universais.

Por os FANTASMAS FAMILIARES transitan espectros, valentes, milagreiros, peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líders relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que se aparezan todos.