Últimas Novas

RECOMENDACIÓNS do Concello da Pobra do Caramiñal: paseos seguros pola contorna do Xobre e as súas praias

RECOMENDACIÓNS do Concello da Pobra do Caramiñal: paseos seguros pola contorna do Xobre e as súas praias

            A autorización de saír a pasear está restrinxida, como é sabido, a 1 km de distancia como máximo da vivenda. Por este motivo outras praias e paseos soportarán unha presión menor ca as situadas preto do centro da vila.

Pero no Xobre, é probábel que moitas saídas se concentren na contorna das praias, por este motivo o Concello tamén estabelece as seguintes normas de obrigado cumprimento:

1.º: Nas praias da Barca, da Lombiña e da Illa o sentido de circulación será sempre cara ó municipio de Ribeira.

Serán unha zona de paseo máis, en ningún caso para permanecer xogando no mesmo punto durante demasiado tempo e, por suposto, non se permite toma-lo sol.

2.º: Os paseos da Alta e da Illa, da mesma maneira ca o das Xunqueiras, só se poderán percorrer no sentido das agullas do reloxo, é dicir, será preciso incorporarse ó paseo sempre tomando cara á esquerda.

Con estas medidas procuramos diminuí-lo número de cruzamentos entre persoas paseantes e, polo tanto, o risco de contaxio. Só perseguen a máxima seguridade para nenos e nenas e para tódalas persoas en xeral. Só funcionarán coa colaboración cidadá e non pretenden restrinxir dereitos senón que a intención é que poidamos exercelos con tranquilidade e seguridade.

Moitas grazas a tódolos veciños e veciñas da Pobra, e ánimo para supera-lo que nos queda de confinamento e de medidas de control excepcionais.