Últimas Novas

REGATA DE BATEIS A POBRA OFICIAL ZONA NORTE TEMPADA 2018.

REGATA DE BATEIS A POBRA OFICIAL ZONA NORTE TEMPADA 2018.

A regata disputarase na dársena do porto comercial, cun campo de 6 carreiros.

Inicio das regatas as 16.30 horas, e reunión de delegados na oficina do clube as 15.30 horas.

O prazo de incripción estará aberto ata o venres 9 as 22:00 horas, debendo mandar a correspondente folla de inscripción o correo: club@remopuebla.com

Categorias e orden de saída:
– Alevín Femenino
– Alevín Maculino e Mixto
– Promesas
– Xuvenil Femenino
– Absoluto Femenino
– Infantil
– Cadete
– Xuvenil Masculino
– Absoluto Masculino
– Veteráns

A criterio da organización, poderanse agrupar nunha quenda as categorías Xuvenil e Absoluto Feminino, asi como Xuvenil, Absoluto Masculino, en función do número de participantes.

Procederase a dar as saidas lanzadas, criterio que podera ser modificado por iniciativa da organización. Nos casos de que así se aplique este criterio, sairán primeiro as embarcacións teóricamente de superior nivel.

As embarcacions participantes deberán estar no momento de rematar a quenda previa na zona indicada no plano adxunto como “Previo Saida”. Na categoría Alevín e Cadete masculino, entendase que deberán estar na zona de balizas exteriores.

Dado o elevado número de equipos previstos, non se concederán “tempos mortos” entre quendas.

Solicitase os clubes participantes que se desplacen en autobús, que respente a ubicación indicada para o aparcamento destes vehículos.

Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.