Últimas Novas

Rematados os traballos de mantemento anuais do céspede natural no campo da Alta

Rematados os traballos de mantemento anuais do céspede natural no campo da Alta

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal comunica que concluíu a subministración de céspede natural no campo da Alta, unha das actuacións preparadas para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano. O obxectivo desta intervención reside en ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.

A dita actuación foi executada por Jardinería Arce e o investimento ascendeu a 9.304’90 euros, IVE incluído.

Así, o proxecto comprendeu a escarificación de dobre pasaxe do céspede do campo de fútbol cun escarificador tipo verticut, a sega de limpeza do firme triturado e a recollida de restos vexetais extraídos a un contedor para un xestor autorizado. Tamén se procedeu co corte oco, sólido e a recollida do canudo. Ademais, recebouse con area USGA especial para este labor (2 bañeiras de 24 toneladas cada unha), e efectuouse a subministración e a achega de 200 quilos de fertilizante e 200 quilos de semente fórmula renovator con tractor-apeiro para unha maior homoxeneidade e distribución dos compoñentes.