Últimas Novas

“Saaabor!”, un saboroso menú teatral familiar no Elma, 27 de decembro ás 18.30 h

“Saaabor!”, un saboroso menú teatral familiar no Elma, 27 de decembro ás 18.30 h

Venres 27 de decembro de 2019, ás 18.30 h no teatro Elma

Culturactiva S. Coop. Galega presenta Félix Rodríguez e Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para tódolos públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para tódolos gustos: dende a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecérmo-lo viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

       Entrada libre ata se enche-la cabida do local

Organiza a Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal no seo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.