Últimas Novas

Sábado 21 de setembro, “CARTOÓNS” para público familiar, gratis no teatro Elma ás 18.30 h

Sábado 21 de setembro, “CARTOÓNS” para público familiar, gratis no teatro Elma ás 18.30 h

Sábado, 21 de setembro de 2019, ás 18.30 h no teatro Elma, entrada libre ata completa-la cabida

CARTOÓNS é un proxecto creado na súa totalidade por Vítor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas (na escenografía e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). Un espectáculo de estilo clown e musical, de 60 minutos de duración, e dirixido especialmente a nenas/os de 4 a 12 anos, sen esquecer todo o tipo de público familiar.

É dicir, que CARTOÓNS é para tódalas idades.

CARTOÓNS, o primeiro espectáculo infantil na historia de Excéntricas, en coprodución co Teatro de Adro

       Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.