Últimas Novas

SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL: a reciclaxe de aceite vexetal domiciliario

SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL: a reciclaxe de aceite vexetal domiciliario

0 comments

O Concello da Pobra do Caramiñal, no CEP Pilar Maestú Sierra e no CEP Salustiano Rey Eiras, desenvolveu no día 19 de febreiro de 2019 unha actividade de educación ambiental sobre a importancia de non tirar polo vertedoiro o aceite de cociña (aceite de frituras, aceite de latas de conservas…). Explicouse a conveniencia de consideralo un residuo que pode converterse nunha materia prima para conseguir combustíbel biodiésel. Tamén se explicou que, se se baleirar polo vertedoiro, a contaminación da auga é importante.

Ademais, déronse charlas informativas e de sensibilización da importancia de non baleirar este residuo nos nosos vertedoiros, na praza de abastos, no mesmo día 19 de febreiro, e á veciñanza en xeral no día 20 de febreiro, coincidindo coa feira semanal, o cal permitiu participar a máis veciñas e veciños.

En tódolos casos, repartíronse funís, de modo gratuíto, para facilita-la recollida domiciliaria do aceite frío en botellas de plástico, que despois se depositan nos contedores laranxas localizados en distintos puntos do concello.

Achéganse fotografías das rapazas e rapaces desfrutando da actividade, e tamén dos días na praza de abastos e no día de feira.

 

ATA A FIN DE EXISTENCIAS !!!

CALQUERA VECIÑA OU VECIÑO QUE QUEIRA UN FUNIL

PODE ACERCARSE POLO CONCELLO A PEDILO

DE MODO GRATUÍTO

 

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.