Últimas Novas

Sensibilización medioambiental: a roupa como residuo

Sensibilización medioambiental: a roupa como residuo

0 comments

O Concello da Pobra do Caramiñal desenvolveu, a través da ONG Humana, actividades de sensibilización e educación ambiental sobre os residuos téxtiles.

 

As actividades realizáronse no CEP Salustiano Rey Eiras e no CEP Pilar Maestú Sierra nos días 27 e 28 de marzo de 2019 respectivamente, e consistiron en obradoiros de creatividade con materiais téxtiles reutilizados: en concreto, nun obradoiro de bolsos sustentábeis  a partir de camisetas reutilizadas.

Ó mesmo tempo, incidiuse na idea de considera-la roupa usada como outro tipo de residuo, onde o importante é aplica-la regra dos 3 R (Redución do volume de residuos; Reutilización da roupa en bo estado;  Reciclaxe das prendas que se poden aproveitar como materia prima).

No concello existen contedores para o depósito deste tipo de residuos en diversos puntos.

É IMPORTANTE LEMBRAR QUE NESTES CONTEDORES PODE IR

ROUPA EN BO ESTADO E ROUPA ROTA OU ESTRAGADA.

 

Segundo o seu estado seguirán vías de reutilización e reciclaxe diferentes.

 

A separación selectiva deste tipo de residuos diminúe a porcentaxe de materiais impropios que chegan ós contedores doutros residuos, e, polo tanto, aumenta a eficacia da recollida separada dos distintos tipos de residuos que se orixinan no municipio.

 

Achéganse fotografías da rapazada neste obradoiro de reciclaxe creativa.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.