Últimas Novas

Servizo de información do Concello da Pobra do Caramiñal sobre as MEDIDAS ECONÓMICAS do Goberno polo estado de alarma

Servizo de información do Concello da Pobra do Caramiñal sobre as MEDIDAS ECONÓMICAS do Goberno polo estado de alarma

            O Concello da Pobra do Caramiñal lanza un servizo de información sobre as medidas económicas que levou a cabo o Goberno de España debido á situación de alarma sanitaria.

Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autonómas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden escribir un whatsapp ó número 618 964 705 ou facer clic nesta ligazón:

https://bit.ly/2ISx2z4

O horario de atención é de luns a venres de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h

Tamén se atenden chamadas telefónicas.