Últimas Novas

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 21 de xaneiro de 2021

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 21 de xaneiro de 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no día de onte, xoves 21, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia dunha edil do PP.

Primeiramente procedeuse a vota-la inclusión do primeiro punto da convocatoria porque, segundo explicou o alcalde, aínda que se incluía na orde do día, non estaba ditaminado na comisión informativa. A cuestión saíu adiante con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 4 abstencións (PP).

Deseguido, tratáronse os puntos da orde do día:

  1. PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA SOBRE O APOIO AO SECTOR DA HOSTALERÍA. Aprobada por unanimidade
  2. APROBACIÓN DA CONTA XERAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2019. Aprobada por unanimidade