Últimas Novas

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 29 de abril de 2021

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 29 de abril de 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, xoves 29, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación das actas anteriores (28 de setembro, 13 de outubro e 26 de novembro de 2020).

 

  1. Modificación do prezo público pola prestación do servizo de rutas turísticas en veleiro. Aprobada por unanimidade

 

  1. Modificación do prezo público pola asistencia a cursos de monitorado de tempo libre. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)

 

  1. Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello da Pobra do Caramiñal para a concesión das axudas ó sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da COVID-19. Aprobada por unanimidade

 

  1. Aprobación provisional de crédito extraordinario 01/21 (achega económica por un convenio coa Xunta para axudas á hostalaría). Aprobada por unanimidade

 

  1. Aprobación provisional de crédito extraordinario 02/21 (programas de asistencia da área dos Servizos Sociais). Aprobada por unanimidade

 

  1. Aprobación da modificación da ordenanza fiscal n.º 10 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público, por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa. Aprobada por unanimidade

 

  1. Convenio para a formalización dunha encomenda de xestión entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a explotación da estación depuradora de augas residuais. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)

 

  1. Dación de conta da adhesión ó convenio asinado entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina).

 

  1. Proposta da Alcaldía para o apoio á moción presentada pola Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal co obxecto de demanda-la eliminación das modificacións do Regulamento de control europeo da UE 1224/2009 con respecto á frota artesanal. Aprobada por unanimidade

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á recuperación do deporte na Pobra. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á concesión dunha axuda nominativa ás diferentes entidades de Cáritas existentes no noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado de conservación das vías do noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

 

 

Finalmente, procedeuse coa quenda de preguntas.