Últimas Novas

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 25 de novembro de 2021

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 25 de novembro de 2021

26 Novembro, 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 25, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal comezou cun minuto de silencio con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación actas anteriores (29 de abril e 27 de maio de 2021).
  1. Proposta alcaldía aprobación do protocolo de actuación, coordinación e prevención fronte á violencia de xénero do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.
  1. Modificación da ordenanza fiscal nº 7 reguladora da taxa polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable, así como da conservación de contadores e acometidas. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  1. Modificación da ordenanza fiscal nº 20 reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  1. Moción do grupo municipal BNG sobre o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á loita contra a violencia de xénero. Aprobada por unanimidade.
  1. Moción do grupo municipal do PP relativa a unas instalación para o Club de Kempo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
  1. Moción do grupo municipal do PP relativa ao soterramento do cableado aéreo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Finalmente, procedeuse cos decretos e informes da alcaldía, así como cos rogos e preguntas.