Últimas Novas

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 26 de novembro de 2020

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 26 de novembro de 2020

27 Novembro, 2020

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, xoves 26, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

 

  1. APROBACIÓN ACTA ANTERIOR (30 de xullo de 2020).
  2. DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO 2019, DO INFORME DE EVALUACIÓN DO CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS DE ESTABILIDADE PRESUPOSTARIA E DO INFORME ANUAL DE RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA CONTRARIAS A REPAROS DE 2019.
  3. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A MEDIDAS PARA LIDERAR UNHA SAÍDA SOCIOECONÓMICA XUSTA PARA O SECTOR DO MAR. Emenda de retirada dos puntos 3, 5 e 6 por non actualidade aprobada por unanimidade. Aprobación da moción emendada cos puntos 1, 2 e 4 con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
  4. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. Aprobada por unanimidade
  5. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO INICIO DE CURSO. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
  6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á INCLUSIÓN NO INVENTARIO DE CAMIÑOS DUN CAMIÑO ENTRE CRUZ DE PEDRA E A ESTRADA DE LESÓN. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
  7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á FALTA DE DILIXENCIA POR PARTE DO CONCELLO NAS XESTIÓNS PRECISAS PARA INSTAR O DESBROCE E LIMPEZA DAS FINCAS. Aprobada con 5 votos a favor (PP) e 8 abstencións (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
  8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á APROBACIÓN DUN PLAN DE AXUDA Ó COMERCIO POR MENOR NO NOSO CONCELLO. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
  9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA A INSTAR Ó GOBERNO DE ESPAÑA A APROBAR DE FORMA URXENTE UNHA LEI QUE GARANTE O DEREITO CONSTITUCIONAL Á PROPIEDADE PRIVADA E COMBATA EFICAZMENTE A OCUPACIÓN ILEGAL DE VIVENDAS. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
  10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Ó DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Aprobada a inclusión da emenda de Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP). Aprobada a moción emendada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)