Últimas Novas

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 27 de maio de 2021

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 27 de maio de 2021

28 Maio, 2021

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 27, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación das actas anteriores (17 e 29 de decembro 2020).

  1. Aprobación provisional de crédito extraordinario 03/21 e aprobación de subvención nominativa (Deanshop). Primeiro procedeuse a votar a retirada deste punto da orde do día por petición do PP, a cal foi denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). A continuación, efectuouse a votación do punto que foi aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)

  1. Delegación de funcións. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)

  1. Aprobación da ordenanza reguladora do servizo “comedor sobre rodas”. Aprobado por unanimidade

  1. Aprobación da ordenanza reguladora do uso do espazo Coworking. Aprobado por unanimidade

  1. Moción do grupo municipal do BNG relativa as peaxes das autovías galegas. Aprobada por unanimidade a inclusión da emenda presentada polo PSdeG-PSOE. Aprobada por unanimidade a moción emendada

  1. Moción do grupo municipal do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)

  1. Moción do grupo municipal do PP sobre actuacións en paesos peonís, pasarelas de madeira e arredores das praias. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á aprobación dun plan de axuda ó comercio o pro menos no noso Concello. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á limpeza e conservación dos lavadoiros do noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)