Últimas Novas

TALÍA TEATRO, “FOUCELLAS”

TALÍA TEATRO, “FOUCELLAS”

DOMINGO 26  DE NOVEMBRO ÁS 19.00 h NO TEATRO ELMA

 ENTRADA  DE BALDE ATA SE COMPLETA-LA CABIDA

Un espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó na cal Dani Trillo recibiu o premio Maria Casares 2017 á Mellor Escenografía.

Foucellas. Da historia ó mito. Do mito á ficción teatral

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, ou un resistente. Un dos últimos  homes do monte, un deses que a xente podía chamar xenericamente un Foucellas. Mesmo podería se-lo Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa última acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, en que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no cal conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino… son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero. Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionar sobre un transo co que nos enfrontamonos, en maior ou menor medida, decote nas nosas vidas: a administración da derrota.