Últimas Novas

TALÍA TEATRO  “PELOS NA LINGUA”

TALÍA TEATRO “PELOS NA LINGUA”

Venres 11 de maio ás 20.30 h. no Teatro Elma

Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

Entrada de balde

Organiza a Concellaría de Cultura da  Pobra do Caramiñal en colaboración coa  Rede Cultural da Deputación da Coruña.