Últimas Novas

Teatro humorístico con “Fulanum, Menganum e Citanum”, domingo 17 de novembro, no Elma ás 19 h

Teatro humorístico con “Fulanum, Menganum e Citanum”, domingo 17 de novembro, no Elma ás 19 h

       17 de novembro de 2019 ás 19.00 h no teatro Elma

A compañía viguesa de teatro humorístico Fulano, Mengano e Citano  presenta  “A louca historia de Galiza”.

Nesta obra, de 70 minutos de duración, que xa andou a percorrer boa parte da xeografía galega sumando éxitos e aplausos dende 2013, Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal, compoñentes actuais da compañía teatral Fulano, Mengano e Citano propoñen  un percorrido pola tola historia de Galiza, naturalmente en clave de humor, con moita retranca e xogos de palabras que nos farán rir a esgalla e pasar un marabilloso serán de domingo. Estes tres actores levarán as espectadoras e espectadores por todos eses períodos de luz e de sombras, ata, ás veces, de apagamento total, que fixeron do pobo galego o que somos.

Esta actividade está organizada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.