Últimas Novas

TI E MÁIS EU TEATRO “UN NADAL DE NEVE E SOÑOS”

TI E MÁIS EU TEATRO “UN NADAL DE NEVE E SOÑOS”

Venres 29  de decembro ás 18.00 h. no Teatro Elma

Sinopse:

É NADAL! Nevaaaa…!!!! Que doado é soñar!!! Nunha pequena casa feita de talos de madeira vive o Señor Duende, en soidade, no medio do monte…De súpeto empeza a nevar e o noso protagonista abre a ventá. Envolto na maxia dun grande manto blanco e ollando como as serpentinas folerpas caen no chan, nas árbores, e entran pola fiestra aberta…..Os soños acenden paseniño o seu corazón solitario e, a golpe de latexos, nacen os personaxes desta historia que te engaiolará. Un páxariño póusase na repisa da ventá….. “Señor Duende!…Señor Duende!…Teño fame e frío….Terá unhas faragullas de pan? O Duende, feliz e compasivo contesta: “Pasa e quenta arredor do lume. Eu vou preparar a cea… Para nós os dous e para os que chegarán…!!! Quen máis chegará á casa de madeira do DUENDE? Por que non podes ser TI o/a afortunado/a?

PARTICIPA CÓ DUENDE NESTE BONITO SOÑO DE NADAL!

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.