Últimas Novas

TÍTERES TROMPICALLO “PLANETA ARDORA”

TÍTERES TROMPICALLO “PLANETA ARDORA”

26 de decembro ás 18.00 h no Teatro Elma. Entrada de balde

Houbo un día en que o Planeta Ardora estivo cheo de luz, un día en que florecían as “ adalas”, que asi é como se chaman alí as flores, os “ tulús”, os peixes, nadaban na ardora, que é a auga- luz que dá nome ao planeta e que ilumina a moitos seres que alí viven, naqueles días Ardora podía considerarse un planeta feliz…pero (sempre hai un pero, se non, non existirían as historias), todo isto terminou, alguén comezou a esquilmar e ensuciar a ardora e con ela ao resto de vida, deixando todo sucio e contaminado, os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir, vagaban polo planeta ennegrecido tentando atopar un lugar para empezar de novo… cando un pequeno ser, un verme, nun rinconcito do planeta, é capaz de devolverlles a esperanza e as forzas para loitar e tentar salvar Ardora…agora só queda por ver se o conseguirán.

O título do espectáculo está inspirado no “mar de ardora”, marabilloso fenómeno de bioluminiscencia que se pode observar nas costas de Galicia entre outras, é por iso que nosa auga e algúns seres vivos de Ardora teñen luz.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.