Últimas Novas

Tres centros educativos da Pobra reciben exemplares de <i>A que cheiran as cores?</i>

Tres centros educativos da Pobra reciben exemplares de A que cheiran as cores?

A Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal entregou ás bibliotecas de tres centros educativos do municipio varios exemplares do libro A que cheiran as cores?, do investigador, científico e divulgador pobrense Juan Casto Rivadulla Fernández. Concretamente, os beneficiarios son o CEP Salustiano Rey Eiras, o CEP Pilar Maestú Sierra e o IES da Pobra do Caramiñal, ao ser estes colexios os que teñen un alumnado cunha idade que se adapta mellor ao contido da obra.

Preténdese así contribuír á educación a través da cultura, así como da posta en valor da literatura en galego e de autores e autoras da zona.

Con ilustracións de Nuria Díaz, o libro A que cheiran as cores? responde a cuestións que semellan complexas ao tempo que explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. A obra xa foi presentada no Elma no mes de xullo con moi boa acollida entre o público.