Últimas Novas

“U-la Lúa?”, actividade infantil do programa “Ler conta moito” na biblioteca municipal, 25 de outubro ás 18 h

“U-la Lúa?”, actividade infantil do programa “Ler conta moito” na biblioteca municipal, 25 de outubro ás 18 h

Neste venres 25 de outubro de 2019 teremos unha actividade de animación na biblioteca.

Trátase de “U-la Lúa?”, unha versión con monicreques do libro do mesmo título e que poñerá en escena Xanela do Maxín.

A protagonista  de “U-la Lúa?” será precisamente a gatiña Lúa, quen soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. Non será doado levar adiante os seus soños, pero Lúa é unha gata moi constante e decidida e ninguén ten dereito a destruí-los seus soños e ilusións.

U-la Lúa?” será ás 18.00 h na biblioteca municipal do Concello da Pobra do Caramiñal.

U-la Lúa?” estará dirixida a nenas e nenos dende os 3 anos.