Últimas Novas

UN XOGUETE, UN MUNDO

UN XOGUETE, UN MUNDO

A Concellería de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal, pon en marcha un ano máis, a Campaña informativa de Nadal: “Un xoguete, un mundo”; co fin de ofrecer a toda a poboación a información que axude a unha boa elección do xoguete.

Así mesmo, preténdese concienciar e sensibilizar á cidadanía da importancia que ten o xogo, e de fomentar o uso de xoguetes que transmitan valores positivos e educativos.

Para levar a cabo esta iniciativa foron elaborados uns folletos nos que se dan unha serie de consellos prácticos a ter en conta. Esta información será distribuida polas distintas dependencias oficiais, centros educativos e asociacións do municipio.

 

 

ARTIGOS SIMILARES

DA MESMA CATEGORÍA