Últimas Novas

URGETEATRO PRESENTA “75 PUÑALADAS”

URGETEATRO PRESENTA “75 PUÑALADAS”

3 de febreiro ás 19.00 h no teatro Elma. Entrada de balde

Tralo éxito de 75 PUÑALADAS no teatro Alfil de Madrid chega ó teatro Elma da Pobra do Caramiñal esta comedia policial do dramaturgo arxentino Martín Giner e dirixida por Carlos Santos, na cal se unen o xénero policial e a comedia do absurdo.

75 puñaladas, protagonizada por Pedro Segura e Luis Martínez-Arasa, parodia o estilo de Agatha Christie, onde se respecta as regras das novelas de misterio de cuarto pechado. Está escrita con grande intelixencia e soltura co fin de conseguir unha catarse de risa constante no público.

Sinopse:

Mr. Stagertton, antigo inspector de Scotland Yard, foi asasinado no seu estudio. Cando o atoparon, as portas e xanelas estaban pechadas por dentro e non se acharon rastros do asasino. Pero a maior incógnita é: por que, se Mr. Stagertton foi asasinado de setenta e cinco puñaladas, non hai unha soa pinga de sangue no estudio?

John Kenett Winslow III, ilustre detective da non menos ilustre Scotland Yard, investiga o caso. O mordomo de Mr. Stagertton colaborará na solución final da investigación.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.