Últimas Novas

16 DE NOVEMBRO,V XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA MULLER E CIENCIA

16 DE NOVEMBRO,V XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA MULLER E CIENCIA

       No vindeiro día 16 de novembro de 2019, de 16.30 h a 21.00 h, terán lugar as V Xornadas de Muller e Ciencia, no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Expertas na ciencia, mulleres de recoñecida traxectoria profesional, contarannos temas de moito interese:

 ÁNGELES LONGA PORTABALES. Doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en varios centros de investigación antes de se incorporar en 2001 ó Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

 “O mexillón de Galicia e a ciencia”

 MARÍA M. ÁLVAREZ LIRES. Doutora en Química pola Universidade de Vigo e cun posgrao en Responsábeis de Coeducación pola Universidade de Barcelona

 “A ciencia e a técnica teñen nome e face de muller”

 LAURA GONZÁLEZ GARCÍA. Doutora en Marine Science, Technology and Management pola Universidade de Vigo e licenciada en Bioloxía Mariña pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo dous mestrados na Universidade de Vigo: un en Oceanografía e outro en Biodiversidade e Ecosistemas.

“Das rías galegas ás baleas dos Azores ”

 SUSANA LADRA GONZÁLEZ. Enxeñeira e doutora en Informática pola UDC,  e graduada en Matemáticas pola UNED

 “ Big data e xenómica”

 ENTRADA DE BALDE. DIRIXIDO A TODA A CIDADANÍA