Últimas Novas

Viaxes en Caramarán – Cíes

Viaxes en Caramarán – Cíes

Viaxe ás illas Cíes dende A Pobra do Caramiñal en catamarán:

Será o domingo 22 de xullo, o prazo para anotarse remata o martes 10 de xullo.

A hora de saída estimada será as 9:30 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regreso das illas ás 18:30 h aproximadamente.

O custe por persoa é de 25€, menores ata 11 anos de balde, os cales deberán aboar directamente a nabeira Bahía Sub.

Para anotarse deben dirixirse o persoal situado no Museo Valle-Inclán, en horario de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h; Chamando ao 671 090 262 ou escribindo a dirección de e-mail: turismo@apobra.gal

Deben proporcionar o seu nome, apelidos e número de DNI, ademais do teléfono de contacto.

Si finalmente a Administración non nos outorgara o permiso de acceso as illas, veriámonos obrigados a anular a viaxe e serían avisados.

Organiza la Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.