Últimas Novas

Vídeo 25N: As mulleres falan

Vídeo 25N: As mulleres falan

Estrea do vídeo de sensibilización 25N: As mulleres falan nas plataformas dixitais do Concello. Pódeno visionar premendo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=rPGJ82F_NEk

Enmárcase na programación impulsada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O obxectivo destas actividades é concienciar sobre a violencia de xénero para sensibilizar, previr e educa-la cidadanía coa finalidade de erradicar unha praga social que afecta toda a poboación.