Últimas Novas

Visita dunha delegación da Deputación da Coruña ao <i>coworking</i> da Pobra

Visita dunha delegación da Deputación da Coruña ao coworking da Pobra

Unha delegación da Deputación da Coruña, acompañada do alcalde Xosé Lois Piñeiro, achegouse esta mañá ata A Pobra co obxectivo de coñecer de primeira man as instalacións do coworking, situadas na planta baixa do antigo restaurante O Lagar.

Concretamente, ata o municipio desprazáronse a coordinadora do Plan de emprego local da institución provincial, Marisa Lista, e o arquitecto do servizo de asistencia, Daniel Beiras.

Esta visita enmárcase no procedemento para valora-la incorporación do coworking da Pobra á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo do Plan de emprego local.